Páxinas

21 xuño 2023

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN 2023

 1. Lectura diaria: contos, poemas, cómics, biografías, libros científicos...

2.  Cálculo: sumas, restas, multiplicacións e divisións. Operacións combinadas. 

Ex.; 345 + 1.250 - 358=

Ex. (234 - 57 ) x 27 =

3. Resolución de problemas.

4. Manualidades: pintura, debuxo, modelado, construccións...

5. Pasatempos: encrucillados, sopas de letras, xeroglíficos, buscar diferenzas...

6. Facer un diario de verán, escribir un conto, unha poesía, etc.



24 maio 2023

Atrévete!

 Escribe un pequeno texto, o que ti queiras, sobre unha destas imaxes.

Podes presentalo á clase. 







Carteis e folletos de Corrubedo

Aquí están os carteis e folletos que animan a visitar o espazo natural de Corrubedo.

Grazas, don Francisco Fernández del Riego por ternos dado a ocasión de achegarnos a ese lugar tan interesante.





























18 maio 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023



Co gallo da conmemoración  do Día das Letras Galegas adicado a Francisco Fernández del Riego, o curso de 3º A de Educación Primaria presenta este pequeno traballo sobre as dunas de Corrubedo. Tomamos como punto de partida un dos capítulos da obra deste autor: "Galicia"

Situación en Galicia das dunas de Corrubedo








É un libro de viaxes por Galicia, de 158 páxinas,   editado por Xerais para o Concello de Vigo en 1994. Ilustrado con fotografías, debuxos e mapas en cor e branco e negro. Reeditouse no ano 2023 co gallo de dedicárselle ao autor o Día das Letras Galegas.

Don Paco escribe sobre Corrubedo:

"Marguerite Mauron segue a conducir o auto pola estrada ata chegar ao Cabo Corrubedo, estribeira final dos montes de Barbanza. Compoñen estes o ergueito espiñazo da península. O enlace coa ría arousá establécese a medio do gran anfiteatro areoso de Corrubedo. Abrangue as formacións dunaicas máis impresionantes, quizais, de todo o país galego. Achéganse os pasaxeiros ao cabo e ao seu faro, para admirar o mar alporizado. O escenario no que se atopan , parece dominado polo monte Facho e mais polo Taume. O primeiro amosa unha cor albacenta, por mor das areas que cobren unha parte da súa aba. O outro presenta abas máis estendidas, de cor escura, e cun cume máis agudo."

Xa entran os pasaxeiros polas beiras da ría de Arousa, que se orixina co ancheamento do esteiro do Ulla. Dobrado o cabo Corrubedo, chegan a Santa Uxía de Ribeira."


Monte Taume
Vista desde o miradoiro do monte Facho
Vista desde o miradoiro do monte Facho
   



Dunas de Corrubedo



complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que inclúe o sistema dunar, as marismas e as lagoas  da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación, unha,  zona húmida protexida galega  e unha zona húmida de importancia internacional


Flora

No parque podemos encontrar representados 247 especies vexetais adaptadas á aridez e inestabilidade do substrato areoso, o cardo mariño, ou o feo de praia (Ammophila arenaria) que fixa os espigóns de praia; outras adaptadas ao alagamento permanente, xuncoscarrizosranúnculos, ou ben especies  como a salicornia. Algunhas especies son endémicas do noroeste peninsular e están consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.


Feo de praia

Cardo mariño
 

Salicornia


Fauna

O parque destaca pola súa gran riqueza faunística (o 70% das especies de anfibios e réptiles presentes en Galicia), entre a que destacan sobre todo as aves.

No parque están presentes diversas especies de mamíferos que se moven no espazo e no seu contorno, como o raposo (Vulpes vulpes), o teixugo (Meles meles), o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) ou o esquío (Sciurus vulgaris). Tamén a lontra (Lutra lutra) mantén unha presenza común.

raposo
teixugo

ourizo cacho


esquío



Aves

A variedade de hábitats do parque natural acolle a unha poboación de aves non abundante en número pero si en especies. Nas dunas e nos areais hai aves que son infrecuentes ou que teñen poucos individuos e que poñen alí os seus niños.

Os censos de aves acuáticas invernantes efectuados nos últimos anos proporcionan unha media de 2.300 individuos pertencentes a máis de 35 especies.

Entre as especies máis destacadas no parque destacan:

mazarico chiador
gabita

 

pato cullerete


charneco

lavanco

píllara papuda

No parque tamén podemos observar anfibios, réptiles e invertebrados.

tritón marmorado


escáncer común

sapo concho común

víbora de Seoane

cabaliño do demo







Arqueoloxía

No parque hai pegadas de asentamentos humanos , tanto no interior do parque, como o Castro do Porto de Baixo, como nos seus arredores. Representan un valor engadido á súa importancia patrimonial figuras como o dolmen de Axeitos, os petróglifos da Pedra das Cabras, os restos da cultura castrexa coma o Facho ou Tahume e os restos dos fornos de tella en Cortiza e Canosa ou os muíños da zona.

Restos da muralla do castro do Porto de Baixo

dolmen de Axeitos

Petróglifos da Pedra das Cabras